Un bosque de libro

No ano 1996 o impoñente souto de Santa Eufemia ocupou as páxinas centrais e foi protagonista do libro "El Castaño" obra de profesores da Universidade de Santiago de Compostela.

UN PLANO Mineiro na Rede Natura.

Este é o mapa do reparto de COUREL. Está totalmente dividido en cuadrículas mineiras, excepto nos límites con Pedrafita do Cebreiro. Según a XUNTA de GALICIA, xa se están tramitando 54 explotacións dentro e fóra de REDE NATURA. O armazón de raias verdes transversais sinalan aquí a REDE NATURA, todo o demais son apertadas leiras mineiras.

{ Enlace a o mesmo documento sobre google-maps }

A morte do río Luruda

Hoxe, esta canteira que traballa preto das casas de SANTA EUFEMIA, abriu unha fenda nas beiras do río LURUDA. O "souto" que se está engulindo, un dos mellores de GALIZA, ten varios centos de anos. O río vese invadido e ocupado ao longo de máis dun quilómetro tanto pola parte frontal da explotación como polo vertedoiro de residuos que xera e xerou. Os veciños teñen que soportar o ruído, tragar po e gases(de EXPLOSIVOS E MAQUINARIA) e aguantar os tremores debidos ás detonacións e movementos de terra.

Salto mortal

Enriba, o río penétra na canteira nun salto mortal. Moita auga nun deserto brutal onde caben 50 estadios, cun km de longo por máis de medio km de ancho e superando amplamente os 200 metros de desnivel. Ao fondo pode verse o impacto da estrada feita á mantenta para as canteiras da Serra.

Cae nun deserto de escombros e ferros

Según a Declaración de Impacto Ambiental, a canteira non pode tocar o río LURUDA.

Un Guadiana no COUREL

Neste charco verde, cheo de lodo e po, sómese o río Luruda enteiro...

Resucita moribundo

Logo de percorrer 700 metros enterrado nos residuos, sae esmagado por millóns de toneladas de cascallos.

A XUNTA sacou a canteira da REDE NATURA

Pero o LURUDA chega así ata o LOR que está dentro da REDE Natura

OCURRENCIA Inxeniosa, A CONFEDERACIÓN MIÑO-SIL acordou QUITAR o río do fondo do val

A Confedreación HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL, en vez de sacar canteira do río, vai sacar o río da canteira. Farase un trasvasamento do LURUDA, que quedará para sempre colgado por encima dos penedos, no medio do monte ata que algún día a Confederación esquézase do mantemento da canle, entón o LURUDA volverá a escombreira para traballar nela.
A nova canle pasará máis alta que os camiños que se ven na foto, anulando definitivamente o conxunto etnográfico das "CABANAS DAS PETACAS" onde algúns elementos están xa sen teito de lousa, moi curioso!!!

FONDOS EUROPEOS

A redacción de un proxecto de trasvasamento parecido ao anterior, xa fora financiado pola Unión Europea e o Goberno Español.