A morte do río Luruda

Hoxe, esta canteira que traballa preto das casas de SANTA EUFEMIA, abriu unha fenda nas beiras do río LURUDA. O "souto" que se está engulindo, un dos mellores de GALIZA, ten varios centos de anos. O río vese invadido e ocupado ao longo de máis dun quilómetro tanto pola parte frontal da explotación como polo vertedoiro de residuos que xera e xerou. Os veciños teñen que soportar o ruído, tragar po e gases(de EXPLOSIVOS E MAQUINARIA) e aguantar os tremores debidos ás detonacións e movementos de terra.